Saltar ao contido

Tinker Tailor Soldier Spy (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tinker Tailor Soldier Spy
Alberto Iglesias Editar o valor en Wikidata
 Título
Tinker Tailor Soldier Spy Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Cor
 Formato de imaxe
Autoría
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Deseñador/a produción
Temática
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Dedicado a
Publicación
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Recadación
77.800.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
30.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
 Puntuación da crítica
85/100 Metacritic (30 de agosto de 2025)
84% Rotten Tomatoes (27 de outubro de 2024)
7.8/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Premios
Datas
 Data de publicación
16 de setembro de 2011 (Reino Unido, Irlanda)
5 de setembro de 2011 (Festival Internacional de Cinema de Venecia)
2 de febreiro de 2012 (Alemaña)
5 de setembro de 2011 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración127 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
VIAF232454914 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ggbhy7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: tt1340800 Filmaffinity: 274340 Allocine: 169913 Rottentomatoes: m/tinker_tailor_soldier_spy Mojo: tinkertailorsoldierspy Allmovie: v541467 Metacritic: movie/tinker-tailor-soldier-spy TV.com: movies/tinker-tailor-soldier-spy BNE: XX5213767 Netlix: 70202128 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Tinker Tailor Soldier Spy é un filme de 2011 dirixido por Tomas Alfredson. O guión foi escrito por Bridget O'Connor e Peter Straughan, e baséase na novela homónima de 1974 escrita por John le Carré. Está protagonizado por Gary Oldman como George Smiley, con Colin Firth, Tom Hardy, John Hurt, Toby Jones, Mark Strong, Benedict Cumberbatch, Ciarán Hinds, David Dencik e Kathy Burke como parte do elenco. A acción está ambientada en Londres a comezos da década de 1970 e conta a historia da caza dun axente dobre soviético infiltrado na cúpula do servizo secreto británico.

Situada na década de 1970, no contexto da guerra fría, o fracaso dunha misión especial en Hungría provoca unha remuda na cúpula dos servizos secretos británicos. Un dos defenestrados é o axente George Smiley (Oldman). Porén, cando xa se afixera á idea de se retirar, encárganlle unha misión especial. Sospéitase que hai un «axente encuberto» na cúpula do servizo e só alguén externo pode descubrir quen é. Coa axuda doutro axente desafiuzado e outro en actividade, Smiley irá recollendo información e encaixando as pezas para tentar descubrir o traidor.

Personaxes

[editar | editar a fonte]